Newsletter Suscríbete!
es / gl

DÍA DA LIMPEZA NA PRAIA DE BALARÉS

 
Compartir en

DÍA DA LIMPEZA NA PRAIA DE BALARÉS
Martes 5 de Xuño de 2018

Hoxe é o día mundial do Medio Ambiente!!!

Aproveitamos para anunciar que o próximo domingo día 17 de junio, ás 11:00 a Agrupación Deportiva Abellariza en colaboración co Concello de Pontecesolevará a cabo unha limpeza na contorna da praia de Balarés.

De todos é sabido que a maior parte da basura que hay nas praias ven arrastrada pola corrente, pero gran parte tamén é deixada por xente que non está concienciada, e fraco favor estamos facendo ao medio ambiente.

É por iso que invitamos a tod@s os que queiran colaborar na limpeza, se presenten no sitio e data indicados, para botarnos unha man, e así poder concienciar a xente.

Estaríamos encantados de contar con maiores, medianos, e sobre todo nenos pequenos, para inculcarlle os valores e que entendan o importante que é manter uns hábitos de reciclaxe para que o día de mañá poidan disfrutar dun mundo menos contaminado.